A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, dependente organicamente da Consellería de Economía e Industria, efectuou no día de onte novos despedimentos improcedentes de persoal técnico sen poñelo en coñecemento previo dos representantes sindicais do Comité de Empresa.
O tema do desemprego e o paro non acada seareiros nos xornais, así e todo o Estado incumpre a súa meirande función social, e non é quen de decatarse da atención ás persoas desprotexidas que a crise vai deixando polo camiño. Cumpre que o vindeiro un de maio os persoeiros do poder sindical coa clase política, ou sen ela, fagan un forte chamamento á toma das rúas canda os obreiros e traballadores, coa finalidade de lembrarlle aos gobernos que os desempregados fican alí. Fai falla un aceno na busca de rematar esta xeira de aldraxes que esculcan os dereitos, maila liberdade destas persoas, xa que canto máis adiemos a resposta, espallando e fornecendo os medios de protección social, subsidios e axudas a todo-los desempregados, máis nos afastamos da solución.
O calote do voto emigrante acada un arranxo xaora. Coa escusa do fraude teima hoxe o partido que amosou noutras datas a meirande actitude progresista ao respecto da emigración, rematar co voto emigrante, os demais no goberno ou a oposición xustifican a continuidade desta maneira de facelo, co que afiúzan a tarefa dos punteiros carrexando papeletas, e profundan a continuidade deste xeito de face-las cousas. Cumpre salientar que a emigración non é só un voto unha ou dúas quendas ao ano, é ter unha representación no goberno e no congreso dos deputados, a quen achegar as súas peticións e botarlle as queixas, acoller as novidades das melloras na súa cidade ou aldea, das que até o de agora pouca ou ningunha é a que acadan, só refachos de cando en vez.
A Oficina Dereitos Sociais - Coia (ODS-Coia) e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) lanzamos a campaña "Quen non vive aí?".
O título da campaña alude a un deses programas de televisión nos que se amosa groseiramente a riqueza e o luxo duns poucos, mentres a maioría estamos na obriga de vivir coa miseria que deixan os grandes capitais.
A campaña fai fincapé en seis colectivos que están a sufrir moreas de problemas para rematar o mes, mentres que dirixentes de grandes empresas ou bancos e políticos enchen as mans cos nosos cartos.
+info: odscoia.arkipelagos.net
Son acrílicos onde destacan a xeometría e a cor
Fóra dos seus cabais, un deputados do PSdeG- PSOE entra como un elefante nunha cacharrería invadindo o proceso electoral da Cámara de Comercio de Ferrol, e tenta inclinar a tendencia dos electores cara ao seu candidato afín, á vez que verte acesas críticas de desprestixio contra o opoñente
I watched a documentary on the history of racial segregationism on the USA a couples of days ago. There was a section dedicated to school desegregation (integration). Certain images from the sixties shocked my mind because of the clear parallelism (inverse parallelism) with the situation we are suffering in Galiza right now.
Polêmica (polêmica?) polas afirmações de Evo Morales sobre as relações entre a ingesta de polos com hormonas femininas e as "desviaciones".
Xoves, quinta feira, 22 de abril ás 8 do serán no auditorio do IES A Guía (Teis - Vigo)
Se o proceso electoral ás Cámaras de Comercio no resto de Galicia discorre dentro dun clima normalidade, en Ferrolterra a trifulca está servida, e as dúas correntes concorrentes ás eleccións do próximo dia 22 encerelláronse nun enfrontamento que excede o puramente electoral para tomar tinguiduras xudiciais O actual presidente desatou a súa singular caza de bruxas ao tentar deixar fóra de xogo ao seu opositor e ex alcalde naronés; véndoselle disposto a utilizar calquera método ou sistema co fin de perpetuarse no seu acomodaticio cargo ao que se aferra con entregada tenacidade
Un correo anónimo enviado aos medios cun enlace a un blog desvela o misterio que rodeaba este número, que apareceu pintado nas paredes de moitas vilas do país nos últimos meses.
Ana Lois Navaza envía este texto onde realiza unha reflexión sobre o que considera "perigo de cainismo e de acomodación" dentro da organización sindical.
No panfleto anterior dávamos conta de que o Tribunal Europeu dos Direitos Humanos NÃO ADMITIU a trâmite a queixa apresentada por Manuel Lopes Zebral em 27 de Outubro de 2006 referenciada com o nº 43766/06 em que solicitava:
Chega-me esta petição por correio eletrónico. Mais informação sobre o fuzilamento de Xosé Humberto Baena no último ano do (outro) Franquismo em: http://www.galizalivre.org/?q=noticia/24.03.2010/flora-baena-queremos-que-xos-humberto-fique-na-hist-ria-como-v-tima-e-n-o-como-ve .
A petição pode ser assinada em: http://www.peticao.com.pt/franquismo
O presidente Zapatero vive instalado na fantasía mantendo un divorcio permanente coa realidade, e pensa, que Él é Alicia e España o país das marabillas.
É o presidente máis controvertido de todolos tempos; e na comarca ferrolá coñéceselle pola súa condición de mentireiro compulsivo despois do seu compromiso e incumprimento sobre o veto de ASTANO, con iso, rompéuselle a súa variña máxica de prestidixitador de inxenuos
Obama a ameaça com ataque NUCLEAR à Coreia do Norte e ao Irão; ao resto dos países que se portam bem, NÃO! Essa foi a mensagem enviada ao mundo pelo Secretário da Defesa e a Secretária de Estado, Hillary Clinton que trabalha às ordens do seu CLANDESTINO assessor, John Negroponte, como antes trabalhava Bush. Não nos cansaremos de DENUNCIAR esta «besta brava» porque é a que leva inçando o mundo de guerras desde 1980 ou por desventura antes: a sua ELIMINAÇÃO garante a PAZ. Reiteramos, todas as modalidades de GUERRA DOS EUA contra a Humanidade, inspira-as ele, mesmo a GUERRA GEOFÍSICA: 145 pessoas mortas no Rio de Janeiro por chuvas provocadas.
O 17 de maio remata o prazo de inscrición
Com a mudança dos currículos formativos da FP e com a modificação dos seus módulos, as editoriais estatais não publicarão os mateirais didácticos em galego
Non sei quén ni o qué é Adega. Sei, polo que alcanzo a peteirar nos xornais do país, que se preocupan polo medio e denuncia o que no seu entender -e sospeito que no de moitos máis- son accións contrarias ao ben común; nalgúns casos, verdadeiro terrorismo ecolóxico perpetrado contra eses grandísimos tesouros que por capricho da Natureza visten de incomparable beleza á nosa beiramar. Un destes tesouros, que claman por un algo de defensa, un mínimo de atención, unha insignificancia de xustiza, atopase xusto ao carón da boca do río Sieira, onde se unen as barbanzáns parroquias de Xuño e Caamaño, na beiramar do concello do Porto do Son. ¡Meu pobre!, en que mans foi caer.
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.