Nun país onde o paro se acaroa ao 20% (0% funcionarios), cuns indicadores económicos suxerindo, quizais xa amostrando, deflación, un vicepresidente do goberno, con pose e pausanismo sacerdotal, vén e dinos que pode ser unha boa idea a conxelación salarial de nada menos que o único sector que vive precisamente do sufrido contribuínte. Non está seguro, pero pode ser un boa idea.
vaia semaniña que lle demos á nosa lingua, no si? galicia bilingüe e máis o negreira que queren recuperar La Coruña, o PP de vigo que di que o castelán non é lingua oficial en vigo e a consellería que agora fai anuncios en castelán. só falta que pilar farjas, na súa ponencia na semana de teoloxía da coruña botara merda encima da nosa lingua!
Vivimos actualmente nun clima de que todo vale con tal de aforrar, e non é para menos, coa que esta caendo toda contención no gasto e pouca e o consumidor de a pé, e dicir, o traballor medio deste pais comeza a renunciar a productos diarios que xa tiñan asumidos dentro dun estandart de calidade e xustiprezo, e sustitúeos moitas veces por un sucedáneo mais barato ou de orixe descoñecido: as marcas brancas.
Un novo libro se suma as máis de 250 referencias bibliográficas que figuran no Centro de Documentación do Centro de Estudos Eurorrexionais.
No El Correo Gallego de hoxe, tres de setembro do 2009, impedíuseme comentar o artigo galegoexterminador do articulista de cabeceira Carlos Luis Rodríguez. Disque están ... actualizando o servidor. Porén, os comentarios doutros opinadores semella teren entrada sen maior problema.
Promover o desenvolvemento personal, a curiosidade polo mundo que os rodea, a convivencia, e a socialización entre os obxectivos destas xornadasque dirixirá Itineris. Trátase dunha iniciativa promovida pola concellería de Participación Cidadá para os mozos mosenses
Con motivo da apertura da matrícula das Actividades de Tempo Libre da Asociación Cultural Xacarandaina, cabe informar que dita matrícula comezará a partir do 1 de setembro para os socios en horario de 10:30 h a 12:30 h pola mañá e de 18:00 h a 21:00 h pola tarde, de luns a venres, e a partir do 7 de setembro para os non socios no mesmo horario.
Para construír a Nación Galega sobran “os radicais do absolutismo” e “os radicais da liberdade”.
Ogallá, máis cedo que tarde, esta nosa terra atope os seus "Vieiros de Liberdade".
Música cubana en Ponteareas
O 31 de Agosto de 2009 no Edificio Liceo de Betanzos inaugúrase a exposición de obra gráfica da artista Rocío Osorio titulada "Tantos Lugares por Habitar" ás 20:00 horas. Contarase coa presenza da artista e unha invitación ó viño da terra.
Grazas a VIEIROS por manter este espazo de liberdade na Rede Galega.
Hoje venho de ver na televisom da Galiza umha nova na que se fala de miles de truitas e peixes mortos neste rio ao seu passo por Ronfe, como possível consequência da fábrica de queijos de Sárria e de duas depuradoras da mesma locaidade.
Especialmente adicada a VIEIROS por manter este espazo de liberdade na Rede Galega. Dos poucos medios que manteñen acesa a chama da liberdade de expresión nesta longa noite de pedra na que andamos. Grazas.
A Asociación Cultural O Gato de Vilariño organiza a X edición da Festa Folc. Para o seu décimo aniversario, O Gato apresenta unha semana chea de actividades que rematarán co concerto na praia o día 22 de agosto cos Carunchos, Berrogüetto, Quempallou e Ruxe Ruxe.
Itineris, empresa que deseñou e xestiona A Botica do Lazer foi identificada entre as 25 PME de mellores prácticas de Galicia pelo seu carácter anovador.O novo concepto patente no parque de Multiaventura "A Botica do Lazer", que abriu recentemente no norte de Portugal, levou a sua inclusión no proxecto do IGAPE que pretende identificar as PEME galegas com mellores práticas, divulgando asi as suas experiencias.
Transcorridos máis de trinta e dous anos dos feitos, un tribunal civil dispuxo a cadea a perpetuidade do Xeral Santiago Omar Riveros, xefe do acuartelamento de Campo de Maio no ano 1976, achárono culpable da detención ilegal, tortura e asasinato do mozo Floreal Avellaneda, a quen forzas do exercito e policiais detiveran no mes de abril dese ano na súa vivenda canda a súa nai, asemade o tribunal tamén ditou sentenza a outros cinco militares e policías vencellados aos feitos, pola súa complicidade, ou pola axuda na perda de pezas chave de proba dos crimes.
O canto colectivo do Hino da Internacional e do Hino Nacional da Galiza, acompanhado dos sons da gaita, pugérom fim ao acto patriótico deste 12 de Agosto em Ferrol.
Mar de Envero chegará a México da mano da cadea de establecementos máis importante do país azteca. Este coidado albariño venderase na sección gourmet de Palacio de Hierro, o exclusivo grupo que toma o seu nome do edificio onde abriu a su primera tienda en 1891.
Por primeira vez preséntanse en Galicia, Alejandro Luzardo e a banda a Candombera coa súa música contaxiosa, e moitos galegos-uruguaios identificarán os tambores que algunha vez viron pasar polas rúas de Montevideo...
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.