Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
18/11/2009 10:47

CONFERENCIA: AS NOVAS FACTURAS ELÉCTRICAS

O vindeiro venres 20 de novembro de 2009 a Asociación Cultural Xaxarandaina organiza unha coferencia sobre As novas facturas eléctricas.


17/11/2009 11:21

Carta aberta a Alberto Núñez Feijoo

Como cidadá, muller e galega, resúltame especialmente preocupante comprobar como os enfoques “patriarcais” dirixen as políticas de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia. Un 80% dos traballos relacionados coa saúde e os servizos sociais están desenvolvidos por mulleres (segregación do mercado laboral), confirmándose de este xeito que actualmente as mulleres incorpóranse ao mercado laboral en sectores ligados a estereotipos femininos, reflectido tamén na elección de estudos. Sectores pouco recoñecidos profesionalmente, suxeitos a temporalidade, financiados con subvencións.... sectores de precariedade laboral. Evidenciase de este xeito unha “discriminación indirecta de xénero” na que decisións políticas, aparentemente “neutras”, poñen en desvantaxe funcións, dereitos e responsabilidades relegadas convencionalmente ao sexo feminino.


Novas Actuacións da cantante cubana Jamila Castillo en GALICIA
16/11/2009 17:49

Novas Actuacións da cantante cubana Jamila Castillo en GALICIA

Actuará en Santiago de Compostela e O Porriño


10/11/2009 19:35

Se Nuñez Feijóo quixera facer algo pola lingua

Se Nuñez Feijóo quixera facer algo pola lingua, que non quer, e ao tempo atender as promesas electorais, que certamente as debe atender, deixaríase de gastar os cartos dos contribuíntes en mandarlle papeliños aos pais con fillos en idade escolar e restauraría os acordos consensuados na era Fraga: aquilo do 50% en cada fala, e misión cumprida.


09/11/2009 23:33

Publicado o volume II do BOLETIM da Academia Galega da Língua Portuguesa

Volume II do Boletim da Academia Galega da Língua Portuguesa Entre outros textos, recolhe as intervenções no ato de inauguração da Academia Galega da Língua Portuguesa


09/11/2009 14:15

1º Roteiro O Cebreiro-Triacastela da A.C. Xacarandaina

O vindeiro domingo 22 de novembro de 2009 a Asociación Cultural Xaxarandaina organiza o 1º Roteiro que corresponde coa primeira etapa do Camiño de Santiago de Compostela desde O Cebreiro a Triacastela, 21 km.


31/10/2009 18:37

“Carta aberta a Beatriz Mato, Concelleira de Benestar e Traballo”

Como traballadora do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (Oficinas I+B) quero denunciar o tratamento informativo que se lle está dando á noticia sobre as declaracións realizadas pola Secretaria Xeral de Benestar, Susana López Abella, nas que puxo en dúbida a profesionalidade e dignidade das/os traballadoras/es desta entidade ao cuestionar o seu acceso ao posto de traballo que foi a través de superar os procesos selectivos recollidos nas distintas convocatorias publicadas no D.O.G (nº 43 , 77 e 206).


28/10/2009 03:37

Ourense, nas sombras de Baby Doc

Coa manifestación en prol do galego - á que me sumo de verbo ad verbum - pasou algo  desapercibido o anuncio (case) oficial da sucesión ao trono do último principado galaico: Baltarland. No é que fora sorpresa, que non o foi, sabiamos, de sobra, que "todo queda  atado y bien atado".   Tal for o caso que nas derradeiras horas xurdira algún cordel aínda desamarrado, repetiría Papa Doc e problema solucionado. Eu son dos que cre que non queda nada por atar.


Mesa redonda: Sen pelos na lingua. A impostura da imposición
26/10/2009 14:20

Mesa redonda: Sen pelos na lingua. A impostura da imposición

Interveñen:

Luís Villares Naveira, Xuíz de Instrución do Partido Xudicial da Fonsagrada
Brais de Estevan Bassave, profesor de ensino medio
Rafael Villar González, escritor e técnico de normalización lingüística da CIG

Xoves 29 de outubro ás 20:00 no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia en Lugo (Pza. de Santa María, s/n)


23/10/2009 15:46

Unha Fundación da Xunta despide a traballadores/as que ían participar na candidatura da CIG nas eleccións sindicais

Semella que voltamos ás vellas costumes do PP de listas negras e persecución a todo aquelo que teña que ver co nacionalismo e coa acción sindical. A CIG vén de denunciar ante a Inspección de Traballo o despedimento de sete traballadores/as da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza (dependente da Consellaría de Economía e Industria) que ían formar parte da candidatura da central nas vindeiras eleccións sindicais na empresa.


Xurxo Ouro Claro expón as súas esculturas na Coruña
17/10/2009 20:07

Xurxo Oro Claro expón as súas esculturas na Coruña

Co seu estilo de envolver cousas ponnos a pensar


Civilizacion e Barbarie en Galicia.
16/10/2009 20:53

Civilización e Barbarie en Galicia.

Xosé Lois Martínez, arquitecto profesor titular de Urbanismo e Vicerrector de infraestructuras de a UDC, publica un artigo sobre as causas da destrucción do patrimonio arquitectónico e Urbanístico en Galicia no blog de Xoan Piñón.
enlace en : http://xoanpinon.blogspot.com


14/10/2009 11:37

Nova Escola Galega chama á participación na manifestación pola lingua

Nova Escola Galega comunícalle á opinión pública a decisión de apoiar a manifestación do vindeiro día 18 a favor da lingua galega, convocada por Queremos Galego e fai un chamamento á sociedade para que participe activamente.


09/10/2009 18:49

A ASOCIACIÓN XUVENIL XACARANDAINA MUDA A ASOCIACIÓN CULTURAL

A Asociación Cultural Xacarandaina medrou nos últimos anos, ampliando o seu número de socios/as e conseguindo que non só os máis novos estén incorporados dentro dela senón que o abano de idades sexa moito maior.


09/10/2009 02:30

I ENCONTRO DE DIDÁCTICA DO PORTUGUÊS

I ENCONTRO DE DIDÁCTICA DO PORTUGUÊS – SÁBADO 10 DE OUTUBRO E DOMINGO 11, NA EOI DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


OS DO PEPE IAN DE PUTAS CO DIÑEIRO ROUBADO... O BIGOTES E O CORREAS NA TRATA DE BLANCAS
08/10/2009 20:01

OS DO PEPE IAN DE PUTAS CO DIÑEIRO ROUBADO... O BIGOTES E O CORREAS NA TRATA DE BLANCAS

FEIJO INVESTIGARA A FEIJO
O DIÑEIRO ILEGAL DO PEPE NAS CAMPAÑAS ELECTORAIS GALEGAS, CANTOS MILLONES PARA GAÑAR AS ELECCIONS...
OS ANIMALIÑOS DOS OBISPOS CATOLICOS AMPARAN  O PROSTITUCIO POPULAR
PARA CANDO UNHA CONDEA DOS BISPOS GALEGOS A VIDA EN PECADO DE FRIJOLES CUNHA QUERIDA
NIN PEPES NIN JESUCRISTOS
POLA LIBERACION NACIONAL GALEGA


08/10/2009 17:06

Filologia portuguesa na Galiza

Perdoem, mas hoje estou furioso. Zangado, vermelho.


08/10/2009 12:33

A Mutua Galega de Traballo viola os dereitos das nais traballadoras e dos/as fillos/as lactantes e a Xunta consente

A CIG denuncia que a unha ATS dunha residencia de maiores véñenlle de denega-la súa solicitude de prestación por risco durante a lactancia conforme lle recoñecía o Art. 135 bis da Lei da Seguridade Social, a Lei de Prevención de Riscos Laborais, o Regulamento de Prevención e a Lei 2/2007 do Traballo en igualdade das mulleres de Galiza.


05/10/2009 23:08

Recuncan os feitos esgrevios contra-los inmigrantes, no aeroporto de Barallas

  Un cativo de sete anos foi retido, ao longo de dous dias, xunto ao seu pai no espazo do aeroporto de Barallas. O avogado que levou a xestión perante os xulgados, sinalou a fera actitude da autoridade de migración que non respectou a calidade de menor de idade do viaxeiro, e polo que non cumpre considerarlle regular ou non regular, o cativo mailos país, tentaron ingresa-lo país coa finalidade que o neno estivera unha tempada cos seus proxenitores, fora o xuíz quen suspendera a expulsión do viaxeiro e dispuxera axiña a súa liberdade logo de dous días fechado co seu pai na sala de transito do devandito aeroporto. Verbo das eivas no tratamento dos viaxeiros nos aeroportos Españois, mailos feros agoiros pola posíbel vixencia das modificacións, endurecendo a lei de estranxeiría, a Federación de Inmigrantes de El Valles, no país Catalán, puxo pe na estrada e marchara cos seus seareiros polos 700 quilómetros cara á capital do estado.


05/10/2009 10:57

Recortes da Xunta no transporte sanitario

María del Carmen Hermo envíanos esta carta onde denuncia a supresión do servizo de transporte que, como usuaria de cadeira de rodas, usaba até o de agora.



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.