A Xunta de Persoal Docente de Pontevedra tivo que intervir, para amparar a actividade do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP de Randufe (Tui), despois de que o director do centro retirara en varias ocasións do taboleiro de anuncios, un boletín elaborado polo Equipo
Segundo o blogue 'Cousas Minhas', dito boletín era repartido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP de Randufe (Tui) entre a comunidade escolar, profesorado e nais e pais do alumnado.O curioso do asunto é que o director, que forma parte do ENDL, aprobou os contidos do boletín en cuestión, xunto co resto dos membros do equipo. O motivo de retirar o boletín do taboleiro, era, segundo se describe nos "Antecedentes" da resolución, que un pai protestou polo contido dunha páxina, que facía referencia a unha viñeta da revista Retranca, alusiva á política lingüística do actual presidente da Xunta, Núñez Feijoo.
A CIG-Ensino tentou, nunha reunión, acadar unha solución dialogada sen que transcendese do centro. A reunión foi "tensa e infrutuosa".
Finalmente, foi a Xunta de Persoal Docente quen emitiu unha resolución, na que acordou:
1.- Rexeitar a actuación do director pola que retirou o boletín aprobado polo ENDJ.
2.- Defender o seu dereito de liberdade de cátedra.
3.- Amparar a comunidade escolar de recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión.
4.- Esixir que se repoña inmediatamente por parte da dirección o boletín no seu lugar.
Visualiza a resolución da Xunta de Persoal Docente