Sobre a posible perda dos fondos estructurais da UE tamén falou o Conselleiro de Economía. Dixo Orza que a Xunta será belixerante nese aspecto e que non se renunciará ás axudas mentres non se acade a converxencia coa Unión Europea. Dende a oposición, o BNG propuxo que a retirada deses fondos, de producirse, debería verse compensada coas restriccións europeas cara sectores esenciais. O deputado do Bloque, Francisco Rodríguez, puxo os exemplos da cota do leite e a prohibición de entrar no mercado civil da construcción naval de Izar. O líder do PSdeG, Touriño, suxeriu o sistema irlandés, que nun caso parecido seguiu recibindo a metade dos recursos durante cinco anos. Máis datos no Diario de Titulares.
.