Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Máis facilidades para cambiar os apelidos

O BNG reclamará na Comisión de Xustiza e Interior do Congreso cunha proposición non de lei, que o Goberno elimine algúns atrancos procedementais que dificultan a adaptación dos apelidos ás súas formas galegas.

- 18:09 10/12/2001
Tags:

O BNG trata de que queden sen efecto as ordes dictadas pola Dirección Xeral de Rexistros e Notariado, que 'están na práctica a dificultar a adaptación ó galego, catalán e vasco dalgúns apelidos'.

Para o BNG, a regulamentación actual obriga os encargados dos distintos rexistros civís a acudir a uns procedementos que 'son precisamente os que se empregaban antes de que o Congreso aprobase en 1999, unha reforma da Lei de Rexistro Civil', en virtude da cal se podía obter a adaptación á forma galega dos apelidos cunha simple petición administrativa.

O BNG considerou que a acreditación da procedencia, ou non, da adaptación do apelido só é precisa cando 'a necesariedade da mesma non fose notoria', e polo tanto, avogou por que non se debe esixir, 'como actualmente acontece', con todos aqueles casos en que a deturpación da forma orixinaria é evidente.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: