Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

En defensa de Baldaio

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), o Grupo Naturalista Hábitat e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) presentaron alegacións ao Plano Xeral de Ordenamento Urbano (PXOU) de Carballo demandando a reducción da área reservada para infraestructuras turísticas no contorno do areal e marismas de Baldaio, unha das zonas húmidas máis valiosas do litoral galego.

- 19:39 04/12/2001
Tags:

Para os ambientalistas, o PXOU "supón unha clara vía libre á especulación urbanística da maior parte das terras colindantes co espazo natural de Baldaio, protexido actualmente pola Xunta de Galicia e incluído na proposta galega para formar parte da futura Rede Natura 2000".

ADEGA, Hábitat e a SGHN tamén están preocupados polo contido do plano de recuperación ambiental que está a elaborar a Dirección Xeral de Costas do Ministerio do Ambiente, xa que boa parte do seu orzamento iría destinado a aumentar as posibilidades de uso turístico de Baldaio, un espazo natural altamente valioso e sensíbel.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: